Caxade, A Quenlla, Mambo Jambo ou Familia Caamagno actuarán no San Froilán

O Concello de Lugo vén de anunciar novos concertos confirmados para as próximas festas do San Froilán. Trátase das actuacións de Caxade,  A Quenlla, Mambo Jambo, Familia Caamagno, Arrytmia e Conducto Coloquio.

Segundo a concelleira de Cultura, Carmen Basadre, o grupo tradicional galego A Quenlla actuará o día 6 de outubro na Praza de Santa María e ofrecerán un concerto en homenaxe a Manuel María. A banda barcelonesa Mambo Jambo misturará rock&roll, rhythm blues, surf e swing, o luns 10 de outubro, na Praza de Santa María. Mentres, o galego Caxade, o grupo Familia Caamagno, e os lugueses Arrythmia e Conducto Coloquio ofrecerán o mellor indie-folk, punk-rock e do blues, o día de San Froilán na mesma praza de Santa María.

Nestas festas, declaradas de Interese Turístico Galego e Nacional, o Concello busca a variedade de artistas e grupos para que o San Froilán sexa do máis plural posible, e que permita que dende os máis cativos aos máis maiores formen parte destes días tan marcados para os lugueses.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com