Cazado un condutor que ía borracho e a 154 km/h na estrada de Rábade a Vilalba

A Garda Civil detectou a un condutor que circulaba a 154 quilómetros por hora na estrada LU-541, que une Rábade e Vilalba. Dita estrada ten unha velocidade limitada a 80 quilómetros por hora.

O home, que conducía un turismo de alta gama, intentou evadirse dos axentes que o foron identificar, aínda que finalmente foi interceptado quiilómetros despois. Nese momento foille practicada a proba de alcol e drogas, na que deu positivo tanto no consumo de alcol como no de cocaína e metanfetaminas.

O home enfrontase agora a unha sanción de 2.600 euros e á retirada de 14 puntos do carné de conducir.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com