CC.OO. de Industria de Lugo convoca folga en CONELEC, S.A., “en apoio á maioría dos traballadores desta empresa, tanto en Lugo como noutras Comunidades tales como Asturias e Cantabria, de acordo ao que denunciaron a finais de xullo en rolda de prensa, na que explicaban que a empresa non quere reunirse coa representación Sindical para negociar as reivindicacións que están pendentes, nin dá marcha atrás nos traslados de 5 traballadores a Asturias, un deles representante Sindical, e como están sinalados os xuízos para finais de outubro, decidimos tomar medidas de presión tales como denuncia en Inspección de Traballo, e denuncia en Facenda por non cotizar horas extras e convocar folga todos os mércores e xoves do mes de outubro e novembro”.
CONELEC é a concesionaria en Galicia, Asturias e Cantabria de gran parte do mantemento e instalación en liñas de alta, media e baixa tensión, das compañías eléctricas BEGASA-EON-VIESGO, UNIÓN FENOSA-GAS NATURAL, REDE ELECTRICA NACIONAL e IBERDROLA, para as cales fai traballos en todo o territorio nacional cun persoal aproximado de 100 traballadores.