A Sección Sindical de CCOO do Concello de Lugo, denunciou ante a Inspección de Traballo as deficiencias no Protocolo contra o Covid-19 para o persoal municipal e este organismo vén advertir ao Concello “que debe cumprir o Protocolo e facilitar sempre como obrigación as medidas de protección individual (EPIS) aos traballadores/ as, obrigatoriedade recollida na Lei de Prevención de Riscos Laborais, polo que todos os traballadores/ as deben pedir os EPIS aos seus superiores cando carezan dos mesmos”.
“Dentro da organización do os servizos, a rotación entre os traballadores/ as pola falta de persoal débese substituír por contratacións novas ante os posibles contaxios e illamentos, para evitar a rotación de traballadores entre distintos postos de traballo e así garantir que non se expanda un posible contaxio, tanto entre os traballadores como os usuarios, advirte a central sindical.
“Dende CCOO estaremos vixiantes do cumprimento desta advertencia e dos dereitos dos traballadores/ as do Concello de Lugo”. E volverán denunciar “se é necesario, se non se cumpren as medidas de prevención COVID-19”.