CCOO denuncia o posible peche do cemiterio de San Froilán por falta de persoal

A Sección Sindical de CCOO do Concello de Lugo denunciaou esta mañá que o goberno municipal terá que pechar o cemiterio de San Froilán por falta de persoal. A falta de persoal no Concello “é patente, pero aínda se agrava máis cando afecta a un servizo básico que ten que prestar o Concello para dar servizo á inhumación de cadaveres”, critican dende a agrupación sindical.

Nestes intres hai tres empregados traballando, pendentes de vacacións, que, segundo o sindicato exceden da xornada laboral semanal “incumprindo a lexislación e o convenio, traballando sen descansos ata 19 días consecueticos cos respectivos fins de semana, e sen cobrar as horas extras feitas dende decembro de 2017”, lamenta CCOO, quen asegura que as baixas por enfermidade e as vacacións son culpables de que o resto de empregados non estean no seu posto.

Está previsto contratar persoal a media xornada que non soluciona o problema, xa que o seu cometido e o mantemento da instalación, non o apoio ós enterramentos. Ante esta situación, CCOO solicita ao goberno que contrate de maneira urxente persoal para a substituír as baixas laborais cando hai unha lista de trece persoas coa categoría de Oficial Sepultureiro para poder cubrir as necesidades que poidan xurdir.

“Na RPT que o Goberno ten gardada nun caixón sinedie, figuran os posto de nova creación que dotaría de persoal necesario o Cemiterio Municipal de San Froilán pare prestar adecuadamente os servizos á cidadanía de Lugo”, asegura Comisións.

CCOO con data de 15 de xaneiro denunciou a intención do Concello de privatizar o Servizo de Inhumación de cadáveres nas distintas unidades de enterramento do Cemiterio Municipal, a unha empresa.

Ante estas declaracións a edil responsable da xestión do Cemiterio, Rosana Rielo, asegurou nun comunicado aos medios, que o Goberno de Lugo “garante a apertura e funcionamento do cemiterio municipal”. Un comunicado no que a concelleira prega ao sindicato que “non se provoque alarma social ao respecto”

Dende que se produciron as baixas laborais de dous traballadores, e segundo afirma a edil, o Concello traballa nos trámites pertinentes para cubrir esta falta de persoal. “A maiores, e tal e como xa estaba previsto, o Goberno procederá ao reforzo do servizo coa incorporación de dous oficiais en acumulación de tarefas, a xornada completa”, asegurou Rielo quen anunciou ademais que ambos traballadores asinarán mañá mesmo o contrato.

“Os traballadores a media xornada aos que se refire CC.OO. son contratados ao abeiro dunha axuda autonómica para favorecer a inclusión laboral de persoas desempregadas en situación de risco ou exclusión social, preceptoras da Risga. Dos vinte contratados, por un período de sete meses, catro desenvolverán tarefas de limpeza, xardinería e mantemento básico no cemiterio”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com