A unión comarcal de CCOO de Lugo, dentro dos actos programados para o vindeiro 10 de marzo –Día da clase obreira galega-, realizará unha entrega de premios a cinco delegados sindicais en recoñecemento a súa traxectoria sindical en
Comisións Obreiras.
Esta asemblea sindical de delegados e delegadas de CCOO na comarca de Lugo celebrarase o vindeiro 27 de febreiro ás 17:30 horas no salón de actos da casa sindical (planta baixa).
Os cinco homenaxeados serán:
– Julio Agrelo Trigo
– Manuel Cordido Castro
– Santos Costa Barroso
– Julia García Prado
– Daniel Rebolo Zas
O acto comezará ás 16:30 hs coa proxección dun vídeo do 40 aniversario do primeiro congreso do Sindicato Nacional de CCOO en Galicia.