O CD Lugo enfrontase ao CD Leganés este sábado ás 18:00 no Anxo Carro. Un partido que para Luís Milla supón un autentico reto, con dous obxectivos claros, por unha banda “o de bater a un dos conxuntos que mellor rendemento está a ofrecer na categoría, e polo outro, o de recuperar unha imaxe ante a bancada do Anxo Carro que lembre a solvencia e eficacia demostrada nos partidos xogados como visitante”.
Milla confía nos seus homes, e espera un gran ambiente de fútbol para lograr os tres puntos: “Adestramos ben, estamos con moita ambición e seguimos na liña con todos preparados”.
O CD Leganés que só sumou catro derrotas no que vai de temporada, chega ao Anxo Carro con moita confianza, e destacando “a importancia de pensar en cada partido, de seguir igual e non pensar en nada mais” ao tempo que recoñecían “a ilusión existente na plantilla”.