O Club Deportivo Lugo dá comezo a súa campaña de aboados cara a segunda volta da tempada 2017-2018. Baixo o lema Temos un soño…e tí, xa formas parte del?, o Club ofrecerá a posibilidade de adquirir un abono para o que resta de tempada cun desconto do 50% sobre o prezo inicial. Ademáis inclúe o partido CD Lugo- Rayo Vallecano correspondente a última xornada en casa da primeira volta.
Dende esta mesma tarde, os abonos poderanse adquirir nas oficinas do Anxo Carro e na tenda oficial CDLU Store, na Praza Bretaña 22. Despois de convidar fai un ano a súa afección a sentir a chamada, e alentala o comezo desta campaña a empurrar con máis forza, agora o CD Lugo quere convidar os seus siareiros a soñar.
O obxectivo é que o equipo teña o máximo apoio dende a grada nos 11 encontros que disputará no Anxo Carro (12 incluindo o partido fronte o Rayo Vallecano) nunha segunda volta na que os nosos “guerreiros” seguirán loitando xornada a xornada por ese soño.
Os prezos dos abonos van dende os 15€ para os menores de 17 anos en Xeral, ata os 125€ para Adulto en Preferencia/Tribuna. Os sub17 poderán sumarse a causa por prezos entre 15€ y 30€ en función da ubicación. As tarifas para os menores de 25 irán dos 35€ aos 87€ e para os adultos de 50€ a 125€. Os maiores de 65 anos terán un desconto adicional do 10% e os desempregados do 20%. Mantense tamén o abono Institucional/Empresarial, que terá un custo de 250€. Por último, a aposta decidida do CD Lugo polos packs familiares ten a súa continuidade. As familias poderán acudir ó estadio con estes paquetes que teñen un custo de 90 € (1 adulto + 2 nenos menores de 15 anos) e 120 € (2 adultos + 1 neno menor de 15 anos).