O Club Deportivo Lugo comeza mañá case unha semana de concentración que terá lugar ata o vindeiro domingo. Os albivermellos permanecerán no Hotel Laias Caldaria, de Ourense e realizará os seus adestramentos no campo de Barbantes. As sesións serán abertas a quen desexe velas.
A programación contempla sete adestramentos durante os seis días de concentración, ademáis disputarán tres amistosos que terán lugar o mércores dos ás sete e media da tarde contra o Combinado AFE na Pinguela de Monforte de Lemos, o sábado cinco de agosto ante a Cultural y Deportiva Leonesa tamén á mesma hora no estadio de Monforte e, por último, o domingo ás 7 da tarde terá lugar o amistoso sobre ao Real Club Celta de Vigo B no campo da Medela de Taboada.