Ao igual que as últimas sesións, esta charla telemática poderase seguir a partir das 20:00 horas, través do Fao O ciclo de masterclass online de nutrición, que puxo en marcha Xuventude, afondará mañá en cómo debe ser unha cea saudable, tras tratar os almorzos saudables a pasada semana. Ao igual que as últimas sesións, esta charla telemática poderase seguir a partir das 20:00 horas, a través do Facebook de Xuventude de Lugo, así como na contade Instagram @Xuventude_lugo. Esta programación, que dirixe a dietista-nutricionista Ángeles Novo, terá lugar todos os mércores ata o 7 de outubro, Con ela, o Concello de Lugo tenta ofrecer á mocidade diversos contidos de educación nutricional, mentres se facilita a creación dunha contorna saudable. Mellorar o sistema inmune coa alimentación ou desmontar os mitos alimentarios máis comúns foron temas que centraron as charlas, que nas vindeiras semanas achegarán consellos de petiscos saudables e receitas doces.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.