Celebración da Revolução  dos cravos cantando “Grândola, Vila Morena” na Mosqueira

A cidade de Lugo sumouse onte á celebración do 25 de abril, Día da Revolução  dos cravos, onde os presentes cantaron a canción do Zeca Afonso,  Grândola, Vila Morena. Todas as persoas que participaron recibiron como agasallo un caravel e unha copia da letra da canción, co obxectivo de favorecer a participación activa de todas as persoas asistentes.

A revolución do 25 de abril de 1974, votou a andar cando ás 00 horas e 20 minutos, na emisora radio Renascença comezou a emitirse esta canción, que estaba prohibida polo goberno fascista portugués e que confirmaba o inicio  do golpe que levaría aos militares revolucionarios ao poder para instaurar un réxime democrático.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com