Celebración do día da República

A corporación municipal do Concello de Lugo celebrou esta mañá un acto de homenaxe e conmemoración do 85 aniversario da II República a proposta do grupo municipal Alternativa Cidadá de Esquerdas-Esquerda Unida, consistente nunha ofrenda floral fronte ao monolito en memoria da República situado na Praza da Soidade e a lectura por parte da alcaldesa dun manifesto no que se lembraron e recoñeceron “aos heroes que defenderon coa súa vida a democracia”. “Temos que felicitarnos porque neste Concello se recuperen actos deste tipo despois de tantos anos sen celebralos, calquera institución ou organización política que se autoproclame democrática non pode negar que o 14 de abril é un día de festa e reafirmación dos ideais de liberdade, xustiza social, cultura e modernidade democrática”, afirmou Carlos Portomeñe, voceiro de ACE-EU.

Ao acto asistiron tamén as concelleiras do goberno municipal Ana González Abelleira e Ana Prieto, e concelleiro Manuel Núñez; por Lugonovo fixoo Santiago Fernández Rocha e polo Bng Maite Ferreiro.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com