Celestino Rodríguez encabezará a candidatura do PSOE para a alcaldía do Saviñao

O PSOE do Saviñao celebrou unha asemblea extraordinaria de militantes para elixir ao candidato socialista ás próximas eleccións municipais. Foi elixido por aclamación a única candidatura presentada, a de Celestino Rodríguez Pombo, o actual voceiro do partido no Concello. Este axente forestal, veciño do Saviñao, liderará por segunda vez a lista do PSOE neste municipio.

O recente candidato do PSOE para a alcaldía do Saviñao agradeceu a confianza e o apoio dos seus compañeiros e avanzou que no mes de marzo celebrarán unha asemblea para definir a lista dos socialistas para as eleccións municipais, “que representará ao conxunto da sociedade do Saviñao”. Rodríguez Pombo destacou que o Partido Socialista “vai saír a gañar as eleccións do próximo 26 de maio. Imos presentar un proxecto social, de progreso e transformación, para que os veciños do Saviñao conten coas prestacións e servizos básicos para poder vivir decentemente no rural. A ilusión, o compromiso e o traballo serán os nosos piares para que o PSOE volva a gobernar e o Concello acade o impulso que necesita”.

O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, trasladou ao candidato o respaldo do partido provincial e a confianza de que desenvolverá un bo traballo para mellorar a calidade de vida dos veciños do Saviñao. “Temos unha gran oportunidade para liderar o cambio que demandan os veciños do Saviñao. Estou convencido de que de o Partido Socialista, coma sempre, estará onde os cidadáns máis o necesitan” engadiu Santos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com