Centos de lucenses presuntamente estafados pola duplicidade de tarxetas de crédito

Están a saír a luz estes días numerosas irregularidades en tarxetas de crédito na nosa provincia. Moitas persoas xa están comezando a denunciar que nas súas contas e a traveso das súas tarxetas, se están a facer cargos que non se corresponden a gastos ou retiradas en metálico dos usuarios das tarxetas.

O “modus operandi” varía, e vai dende cargos moi pequenos de 3 ou 5 euros que non son fáciles de detectar ata compras importantes, como é o caso dunha lucense que se lle cargou na súa conta unha compra realizada en Oklahoma, Estados Unidos, lugar onde nunca estivo.

Por todo elo recomendase ter precaución e ao tempo consultar as contas por se se detectan cargos irregulares nas mesmas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com