Centos de persoas ‘abrazan’ a Muralla para visibilizar as enfermidades raras

Centos de veciños da cidade de Lugo, xunto o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos e a alcaldesa da cidade, Lara Méndez participaron este mércores nun “abrazo reivindicativo á Muralla”, no que solicitaron un maior compromiso das administracións competentes coa sanidade pública do país; máis concretamente no eido das enfermidades raras. No acto, tamén participaron o Presidente de ANASBABI Ciliopatías, José Carlos Pumar, así como outras autoridades a nivel galego e provincial.

Darío Campos subliñou que “a través deste acto, damos visibilidade ás enfermidades raras, ao tempo que solicitamos un compromiso real das administracións autonómica e central coa sanidade pública do país”. Neste senso, o titular provincial lembrou a necesidade de continuar traballando “para garantir un acceso en condicións da cidadanía á sanidade, sobre todo tendo en conta os recortes levados a cabo pola Xunta de Galicia durante os últimos anos”.

O titular provincial avogou tamén por “aumentar a formación dos profesionais sanitarios no tocante ás enfermidades raras, co fin de introducir un cambio de enfoque á hora de avaliar estas doenzas, tanto na atención primaria, como na especialidade; xa que este tipo de enfermidades non poden ser tratadas como as outras”.

Pola súa banda, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, subliñou que a través deste abrazo reivindicativo, “dáse voz e visibilidade ás persoas que sofren algún tipo de enfermidade desta natureza, que só en Galicia afecta a máis de 300.000 persoas”. Nesta liña, Méndez quixo ensalzar o papel de todas as asociacións e colectivos que axudan a concienciar sobre a realidade que viven os enfermos e que apoian tanto aos propio doentes como aos familiares.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com