Baixo o lema “Lume nunca máis” convocáronse ao longo do país manifestacións para protestar contra a vaga de lumes que está a sufrir o país nestes últimos días. En Lugo centos manifestantes concentráronse diante do edificio administrativo da Xunta na Rolda da Muralla que ocupou a explanada e boa parte da rolda entre a rúa Monforte e o edificio dos Sindicatos. Os concentrados corearon diferentes reivindicacións das que sobresaía “LUME NUNCA MÁIS”. Os partidos da oposición no Parlamento de Galicia solicitaron a comparecencia do Presidente Núñez Feijóo para que de conta do sucedido.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.