Centos de persoas participan na novena edición do Lugo Street Market

Centos de persoas participaron esta mañá na novena edición do Lugo Street Market, Comercio na Rúa, organizado polo Concello de Lugo, a Deputación e a Asociación de Autónomas.

No evento participaron un total de 91 establecementos que tiveron a oportunidade de expoñer nas principais rúas do casco histórico a súa mercancía para achegarlla aos cidadáns. Para a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, este tipo de iniciativas son “moi eficaces” á hora de dinamizar o comercio local e para achegarlle á cidadanía os produtos do pequeno comercio.

O evento inicialmente estaba previsto para o pasado martes día 13 aínda que tivo que ser suspendido por mor da chuvia. 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com