Máis de medio milleiro de persoas concentráronse,hoxe diante do Pazo de San Marcos, sede da Deputación de Lugo, entre as que atopaban alcaldes e cargos populares, para exixir o arranxo das estradas provinciais que se atopan en mal estado.
Antonio Ameijide, voceiro do PP de na Deputación, afirmou que “é unha irresponsabilidade por parte de José Tomé ter a rede viaria provincial abandonada xa que ten a obriga de preocuparse pola situación das estradas provinciais en lugar de destinar os fondos da Deputación a pagar as carreiras políticas do PSOE e do BNG”
O alcalde de Friol, José Ángel Santos,defendeu no pleno unha iniciativa, “rexeitada por PSOE e BNG, para realizar un plan de arranxo, en base a criterios obxectivos, das estradas provinciais e explicou que ante o abandono das vías provinciais por parte de Tomé este podería incorrer nun presunto delito contra a seguridade viaria no caso de que se produza algún accidente debido ao mal estado das estradas provinciais”
A presidenta provincial do PP, Elena Candia, tamén presente na manifestación declarou que “a provincia de Lugo necesita que os 67 concellos estean vertebrados a través da rede viaria provincial, a máis extensa de España, e a Deputación ten a responsabilidade de mantela en boas condicións pero non o fai. Son moitos anos de abandono”