Reunido o xurado do XLIX Certame galego de poesía sobre o nadal, convocado polo Centro Cultural José Domínguez Guizán de Begonte, formado por Xavier Rodríguez barrio, escritor; Sara Blanco Díaz e María Jesús Blanco Díaz, da Comisión de Cultura do Centro convocante, e Xulio iz Ramil, Presidente do Centro, que actúa como Secretario, acordan premiar os traballos dos seguintes autores:
Premio Begonte de Poesía, dotado con 1.000€ e estatuiña de Sargadelos a José Torres Piñeiro (“José da Cruz Nova”), begontés residente na cidade de Lugo, polo conxunto de poemas “O Nadal en Begonte”.
Segundo Premio, dotado con 500€ e diploma, a Rafa Villar, de Cee, con domicilio en Bertamiráns(Ames), polo poema “De dátiles e mel a noite”.
Pola calidade do traballo, concédese unha Mención de Honra con diploma a Manuel López Rodríguez, de Noia (A Coruña), polo poema “Melodía complexa”.
Os premios serán entregados o próximo 1 de febreiro, no decurso dos actos de clausura de “O Nadal en Begonte”.