O cervense Juan Antonio Gallego Prieto foi designado no día de onte pola Xunta Directiva do Partido Popular de Galicia membro do Comité de Dereitos de Garantías autonómico. A súa elección prodúcese a proposta da Dirección Provincial Lucense.
Toño Gallego, forma parte na actualidade da Xunta Directiva Provincial na súa condición de vicesecretario sectorial de participación e traballa no Gabinete da Delegación Territorial da Xunta en Lugo baixo a dirección de José Manuel Balseiro.
O Comité de Dereitos e Garantías é órgano encargado de asegurar o exercicio dos dereitos dos afiliados e instruír e resolver os procedementos disciplinarios que na orde interna poidan seguirse contra membros do Partido Popular e, no seu caso, aplicar o réxime sancionador previsto nos Estatutos e Regulamentos. Resolve tamén conflitos, en segunda instancia, que poidan xurdir no ámbito congresual inferior ao autonómico, este incluído.
Gallego agradeceu a confianza recibida polas direccións provincial e autonómica do Partido Popular e púxose a disposición do presidente deste Comité que en Galicia preside o deputado no Congreso Celso Delgado.