Afundación, a Obra Social de ABANCA, organizou unha charla-coloquio sobre violencia machista no seu Espazo +60 de Monforte de Lemos (Cardeal Rodrigo de Castro, 18). Será mañá, venres 2 de marzo, ás 12.00 h e nela participará a
subinspectora da comisaría da localidade, María Jesús Rodríguez Martínez.
Esta proposta organizouse no marco da conmemoración do Día Internacional da Muller, celebrado cada ano o 8 de marzo, co obxectivo de crear un grupo de homes e mulleres cohesionado e solidario para facer fronte a esta lacra social. Esta actividade enmárcase na oferta de actividades do proxecto de Envellecemento Activo de Afundación, que permite ás persoas participantes encontrar nesta etapa vital novas oportunidades de crecer persoalmente e de se seguir formando en contacto cos temas emerxentes e achegando activamente á sociedade.