As charlas TEDx chegan ao MIHL esta fin de semana nun evento sen precedentes na cidade

As charlas TED (tecnoloxía, entretemento e deseño) chegan a Lugo esta fin de semana nun evento sen precedentes na cidade. TEDx é o programa de conferencias locais organizadas de forma independiente, da marca global sen ánimo de lucro, TED, procedente de Estados Unidos e que potencia a difusión de ideas e ferramentas de todos os ámbitos que podan ser compartidas para a súa utilidade. Este evento chega á nosa cidade onde se combinarán os videos TED coas ponencias en vivo, para favorecer a conexión e o debate dentro dun grupo moi reducido de asistentes.

A idea de traer estas charlas en Lugo surxe dos alumnos e da coordinadora do obradoiro do Concello EmpregaTIC, como peche ao curso de 6 meses, para dar a coñecer os produtos dixitalizados en obradoiros similares anteriores. Tras meses de traballo por parte dos alumnos e da coordinadora, nace este evento co nome de TEDxRúaSanFroilán que se celebrará este sábado no Museo Interactivo da Historia de Lugo. Todos os ponentes foron chamados “en baseá nosa idea de talento”, afirma o equipo organizativo quen asegura que en todo momento tuveron presente “que as charlas han de servir para difundir ferramentas e ideas que resulten útiles para a audiencia presente”.

No equipo multidisciplinar de relatores están lucenses de gran renome como Efrén Álvarez, chef e cocreador da empresa Wetaca, Jorge Coira, diretor, guionista e montador, Susana Rodríguez, atleta paralímpica e campiona de Europa en Triatlón ou a veterinaria e especialista en coaching con cabalos, Candy Rodríguez, entre outros moitos.

Ademáis dos relatores confirmados ó longo destas últimas semanas, os asistentes ó TEDxRúaSanFroilán poderán desfrutar dunha mostra de talento. Iria Fernández, violista lucense de 16 anos e integrante da Orquestra Sinfónica de Galicia, será a encargada de abrir o evento e poñer en pé a todos os asistentes, cunha interpretación musical con Viola. Asemade, dous equipos de competición da academia Ritmolugo, integrados por cativos de entre 6 e 8 anos, porán o broche de ouro ao evento que se celebra por primeira vez na cidade.

A promoción evento tivo gran repercusión en redes sociais, enchendo rápidamente as prazas das que se dispoñían, polo que hai lista de espera dende hai varias semanas.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com