Chega a Lugo o Festival de Cine Euroárabe Amal

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e o director do Festival de Cinema Euroárabe, Ghaleb Jaber, presentaron estes luns no Salón de Plenos o Ciclo Amal en Ruta 2016, co que colabora o Concello.

Ana González Abelleira animou á cidadanía a asistir a “este ciclo de cinema, organizado entre a entidade local e a Fundación Araguaney-Ponte de Culturas, onde poderán ver cinco películas”. Proxectaranse dous documentais e tres longametraxes de ficción, todos eles subtitulados en castelán, todos os xoves do 13 de outubro ao 10 de novembro, no Museo Interactivo da Historia de Lugo, ás 20:00 horas.

Pola súa banda, Ghaleb Jaber explicou que “o Festival de Cinema Amal, que significa esperanza en árabe, naceu en 2002 co obxecto de traer a Galicia o mellor cinema árabe e este ciclo supón un percorrido polo mellor cinema árabe da actualidade”. Dende os seus inicios, un dos principais propósitos de Amal foi organizar pequenos ciclos de cinema en multitude de lugares dentro e fóra de Galicia, como en Sevilla, Madrid, Barcelona, Córdoba ou mesmo Arxentina, cunha moi boa acollida polo público.

PROGRAMACIÓN DO FESTIVAL

13 de outubro

Los caballos de Dios. Longametraxe documental. Nabil Ayouch, ano 2012, Bélxica, Francia e Marrocos, 113 minutos.

20 de outubro

Villa Touma. Longametraxe de ficción. Suha Arraf, Palestina, ano 2014, 84 minutos.

27 de outubro

Theeb. Longametraxe de ficción. Naji Abu Notar, Xordania, Reino Unido, Estados Unidos, Qatar, ano 2014, 90 minutos.

3 de novembro

Atlantic. Longametraxe de ficción. Jan-Willen van Ewijk, ano 2014, Luxemburgo, Bélxica, Marrocos, Holanda e Alemaña, 94 minutos.

10 de novembro

Silvered water, Syria self-portrait. Longametraxe documental. Ossama Mohammed e Wiam Simav Bedirxan, ano 2014, Francia e Siria, 92 minutos. Este documental non é recomendado para menores de 18 años, xa que conten imaxes que poden danar a sensibilidade dos espectadores.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com