Chus López nova alcaldesa de Samos

A candidata do Bloque Nacionalista Galego en Samos, María Xesús López “Chus”, converteuse na primeira alcaldesa da historia deste concello. Os nacionalistas conseguiron tres concelleiros que sumados aos dous dos socialistas,  acadan a maioría absoluta. Deste xeito, García, o lider do Psoe,  seguirá de tenente de alcalde, posto que xa viña desempeñando na pasada lexislatura.

Nada no 1984 e natural da Airexa de Suñide, convertese  na primeira muller co bastón de mando deste concello. Chus López inicia a súa andaina política por primeira vez no proceso de municipais de 2019, onde o BNG xa acadara representación municipal e, neste proceso, conquistou o consistorio samonense.

“É unha honra servir ás veciñas e veciños de Samos, polo que asumo con honestidade, respecto e gañas de traballar para converter  Samos nunha referencia e ofrecer o mellor benestar e servizos á veciñanza” declarou Chus López.

Neste sentido, a nova alcaldesa destacou “Samos deu un paso á fronte co BNG para abrir un tempo novo, temos  un equipo preparado cun proxecto sólido e rigoroso para sacar o mellor de nós e facer que Samos avance, un goberno de progreso que traballará para todas as veciños e veciñas sen excepcións ”

De igual modo, Chus López fixo fincapé “formaremos un concello aberto, con transparencia, participación veciñal e apostando firmemente nas potencialidades de Samos”, concluíu

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com