Un grupo de ciclistas amateurs percorreron hoxe a Vía Romana XIX, unha ruta BTT organizada pola Asociación Bike Stop Lugo, e que contou co apoio do Goberno da Deputación. Trátase dunha iniciativa coa que se da a coñecer e pon en valor o patrimonio histórico e natural da provincia. A cita deu comezo esta mañá, con saída ás 9:00 horas dende O Comeal, no Concello de Cervantes, e prevese que finalice cara ás 19:00 horas coa chegada á capital luguesa.
É ademais, unha ruta coa que se promove un itinerario bimilenario que durante a época romana comunicaba as cidades fundadas polo Emperador Augusto en Gallaecia: Bracara Augusta (Braga) e Lucus Augusti (Lugo), prolongándose ata Astúrica Augusta (Astorga), e que, nos nosos días, atravesa 6 concellos da provincia: Cervantes, Becerreá, Baralla, Castroverde, O Corgo e Lugo.