O grupo municipal de Cidadáns celebra hoxe o seu segundo aniversario de presenza no Concello de Lugo e, para conmemoralo, realiza diversas actividades públicas e gratuitas na cidade.
A primeira, tivo lugar esta mañá cun encontro coa prensa na que estivo presente a súa voceira no Concello de Lugo, Olga Louzao xunto coa lucense Marta Rivera, deputada de Cidadáns no Congreso e coa portavoz no Concello de Madrid e responsable de política municipal da agrupación, Begoña Villacís.
Louzao resaltou que este primeiro acto do grupo en Lugo servirá para valorar os dous primeiros anos do partido na cidade, dous anos que cualificou como “dunha aprendizaxe moi dura e moi continua nos que vin a parálise acentuada que se vive no Concello de Lugo”. A edil afirmou que o seu partido contribuirá a “facer unha oposición útil” para que os lucenses non paguen os erros do goberno local.
Pola súa banda, Begoña Villacís quixo destacar a “gran aposta que supón Galicia para o noso partido, unha comunidade que sen dúbida, supón a expansión e o afianzamento para as políticas locais de Cidadáns”. Villacís resaltou a importancia da “sociedade civil” no programa de Cidadáns, no que intentan loitar para que, en concellos, nos que están afianzados certos partidos, “estes non se queden sen combustible e sigan garantindo a viabilidade”.
Por último, as tres participantes quixeron facer un chamamento aos veciños de Lugo a que se involucren co partido, tanto nas actividades que terán lugar ao largo do día de hoxe como nas vindeiras eleccións municipais.
Actividades previstas
Tras o encontro coa prensa, Villacís, Rivera e Louzao, mantiveron outro encontro, esta vez, cos autónomos e emprendedores da cidade, na Sede da asciación de Xóvenes Empresarios da provincia, que deu comezo ás 5 da tarde e na que, trataron as Propostas e iniciativas políticas de Cidadáns para autónomos e pemes.
Villacís, Rivera e Louzao, farán un acto público, que terá lugar ás 19.00 horas na Praza Anxo Fernández Gómez (detras da Casa Consistorial) no que exporán as súas políticas municipais nunha charla aberta aos cidadáns denominada Transparencia e Política Municipal de Cidadáns (Cs) nos Concellos.