Cidadáns considera “inútil e absurdo” construír a pasarela do Anxo Carro

A voceira de Cidadáns, Olga Louzao, valorou hoxe tamén o proxecto da Pasarela do Anxo Carro e considerou “un proxecto inútil e absurdo” esta obra, tras coñecer que non conta con avais técnicos nin a autorización do Ministerio. Louzao pídelle á rexedora que aparque o proxecto e solicite ao Ministerio o soterramento da Nacional na zona da Cheda.

“Desde Cidadáns consideramos que se trata dun proxecto inútil e absurdo no que o Goberno municipal quere dilapidar un millón de euros e que non vai resolver os problemas de permeabilidade na N-VI”, aclara a voceira.
Dado que a construción da pasarela non conta con aval técnico de ningún tipo, a agrupación pídelle á alcaldesa que “aparque este proxecto e aposte claramente por solicitar ao Ministerio de Fomento o soterramento da N-VI” na zona da Cheda, entre o cruce da Volta da Viña e o enlace da Avenida dos Deportes, tal como se aprobou no último Pleno a proposta de Ciudadanos. “Esta alternativa solucionaría de maneira efectiva a conexión da cidade co río Miño ao eliminar a barreira física que hoxe supón a N-VI“, prevé Louzao.
Dende a agrupación reiteran o seu anuncio de que se a rexedora non exerce como tal para pedir esta actuación ao novo ministro de Fomento, aproveitando que é do seu partido, “será Cidadáns o que o solicitará no Congreso dos Deputados”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com