O voceiro de Cidadáns na comisión de festas do San Froilán, Juan Vidal, amosou a súa indignación coa labor da Concelleira de Cultura e a súa xestión coas festas do San Froilán. Juan Vidal manifestou que “as festas son de todos os lucenses e a Concelleira Maite Ferreiro debería buscar o consenso entre as forzas que compoñen a corporación”.
“Ciudadanos lamenta que o BNG teña un discurso de diálogo dende a oposición mais o certo é que dende que tocaron moqueta non atenderon as propostas da oposición nas súas áreas” afirmou Juan Vidal. Cidadáns propuxo máis dunha decena de actividades e actuacións, entre elas que o San Froilán contase con artistas lucenses recoñecidos como, entre outros, Kiki Cortiñas ou Noemí Mazoy, mais todas foron rexeitadas.
Juan Vidal criticou que BNG optara por “unha comisión de feitos consumados” onde non escoitaron aos otros grupos. “A falta de diálogo xa a vimos este verán cando, sen terse reunida a comisión de festas, Maite Ferreiro anunciou a contratación de Def con Dos” expresou o concelleiro de Cidadáns.
Ademáis, Cidadáns aproveitou para lamentar as prioridades do goberno bipartito que vai entregar 257.000 euros máis IVE, un total de máis de 310.000 euros, a un festival privado como o Caudal Fest, onde estarán artistas recoñecidos a nivel internacional,e logo non teñan cartos para ter artistas recoñecidos nas festas do San Froilán.
Por outra banda, Juan Vidal rechazou abandonar a comisión de festas do San Froilán como xa anunciou o Partido Popular. “A pesar de estar en total desacordo coa organización que se está a levar nas festas do San Froilán, non podemos deixar na comisión só aos grupos do goberno xa que entón desaparece a función fiscalizadora á que está obrigada o noso grupo municipal” afirmou Juan Vidal.
Set 13, 2019 - 09:06 PM
Pandeirads