Cidadáns critica a xestión do Goberno local no reparto das máscaras infantís

A  portavoz municipal de Cs, Olga Louzao, criticou con dureza esta mañá a xestión levada a cabo polo tenente-alcalde Rubén Arroxo en relación ao reparto de máscaras infantís anunciado polo Goberno local. Louzao afeou que as primeiras mascarillas, que chegan con máis dunha semana de atraso respecto da apertura do horario infantil de paseo, estéanse repartindo de forma desigual entre as distintas zonas do municipio. «Están chegándonos queixas porque nalgunhas zonas do municipio chegaron e a outras non, o que xera incerteza entre as familias. Os cidadáns carecen de información e os pais non saben se poderán contar con esta mascarilla ou polo contrario deben adquirir unha», sinalou.

“As mascarillas anunciadas aos catro ventos por Arroxo chegan tarde, mal e a rastro, pero o especialmente preocupante é a información que o Goberno local inclúe na carta que se achega á mascarilla. Esta información está obsoleta, é errónea e está xerando moita confusión entre os pais. A información facilitada polo Goberno local afirma que o horario de paseo infantil é de 9 a 21 horas, cando o horario infantil está acoutado polo Goberno de España entre as 12 e as 19 horas. Consideramos que é un erro que se debe solucionar, pola contra haberá familias que se poidan enfrontar a unha sanción por estar pésimamente informadas polo seu Concello”, asegurou a concelleira da formación laranxa.

“Lamentamos que o reparto de mascarillas infantís sexa convertido polo BNG nun acto case propagandístico cunha carta asinada polo propio Arroxo e que ademais contén información errónea e totalmente desfasa. Esiximos unha rectificación inmediata”, concluíu Louzao.

Novas relacionadas

  1. Carlos Fernandez Peleteiro
    Mai 08, 2020 - 02:34 PM

    Olga, non é que sexa moi fácil. Pero difícil tampouco. Hay que ter imaxinación e non emprobisar.
    Como xa falamos en algunha ocasión, ti faille propostas, canto menos se critique mellor, e menos nestes momentos.

    Reply
  2. Luis Díaz
    Mai 08, 2020 - 01:04 PM

    Bueno… o caso é ter algo que decir, o qué é o de menos.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com