Cidadáns critica ao Goberno Municipal que se autorice a suba dos aparcadoiros sen contraprestacións

O Goberno municipal socialista vén de autorizar unha suba do 0,2% nas tarifas dos tres aparcadoiros públicos da cidade (Santo Domingo, Praza de Ferrol e Praza da Constitución) para o vindeiro ano, atendendo deste xeito a un escrito presentado pola empresa concesionaria, Interparking Hispania S.A. o pasado 25 de outubro no que solicitaba autorización para suba. As novas tarifas, que rexerán desde o vindeiro 1 de xaneiro quedan do seguinte xeito: os primeiros 92 minutos de estancia a 0,0292322 euros por minuto e o resto, a partir no minuto 93, a 0,0194883 euros por minuto. Estas tarifas redondearanse á baixa en fraccións de 5 en 5 céntimos. A partir das 11 horas e 59 minutos e até as 24 horas (día completo) o prezo será de 14,9 euros.  

O grupo municipal de Cidadáns criticou que estas subas non vaian acompañadas dunha mellora nas dimensións das prazas de estacionamento dos tres aparcadoiros públicos, moi reducidas e que dificultan o seu uso. Neste sentido, a voceira de Ciudadanos no Concello, Olga Louzao, afirmou que “o baixo nivel que ocupación que rexistran habitualmente estes tres parkings municipais débese en boa medida ao pequeno tamaño da súas prazas”.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Jose Luis Lamela Ramos
    Dec 14, 2016 - 12:32 PM

    los d siempre….

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com