A concelleira de Cidadáns Olga Louzao, manifestou esta mañá o seu malestar polo cruzamento de acusacións entre a Xunta de Galicia e o Concello, por mor das obras do Hospital Xeral. “Xa non queda ningunha dúbida de que empezou a campaña electoral”. “Xustamente este último volveu a saír á luz pola exculpación de responsabilidades entre as administracións, no canto de levar a cabo dunha vez as máis que prometidas obras”, explicou a portavoz de Cidadáns.
Desde que se construíu o novo hospital, o goberno da Xunta de Galicia leva prometendo aos veciños que se van a traer novos servizos ao barrio, pero “desde nos máis de 7 anos deste centro o PSOE e o PP póñense en evidencia levando a cabo un eterno partido de tenis, devolvéndose declaracións electoralistas e acusándose mutuamente, pero se achegar ningunha solución, mentres que a cidade de Lugo e os seus habitantes son os grandes prexudicados”, afirmou Louzao.