Cidadáns denuncia a aparición dun vertedoiro incontrolado no Camiño Primitivo ao seu paso polo Carqueixo

O concelleiro de Ciudadanos, Jesús Expósito, anunciou esta mañá que o problema dos vertedoiros incontrolados “aínda está lonxe de solucionarse”, ao aparecer unha vez máis neumáticos no Camiño Primitivo ao seu paso polo Carqueixo. 

“É inadmisible que nun dos tres patrimonios da humanidade que ten a cidade de Lugo apareza lixo de maneira continuada”, afirma Expósito. 

Hai menos dun mes o Grupo Municipal de Ciudadanos xa manifestara o problema que existe cos vertedoiros ilegais, ao pasar de 13 no ano 2015 a 78 no 2017. “Pero a pesar de que o Goberno Local ten estes datos, os vertedoiros incontrolados continúan aparecendo sen que se faga nada para evitalo” considera o conselleiro.

Ademáis, nesta ocasión estes restos de neumáticos están na zona de O Carqueixo, sendo un dos puntos onde máis vertedoiros ilegais hai ao volver a aparecer ao pouco tempo de ser retirados. “Desde Ciudadanos non só queremos que se limpen estes vertedoiros, senón que o Goberno Local vaia máis alá e comece campañas de control e sensibilización para que os cidadáns coñezan e utilicen as zoas habilitadas para deixar estes residuos, e o servizo gratuíto de Urbaser de recollida a domicilio”, conclúe o edil.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com