Cidadáns denuncia o estado do soto da Praza de Abastos

O grupo municipal de Cidadáns Lugo denunciou esta mañá o estado no que quedou o soto da Praza de Abastos tras as obras realizadas polo Concello, na que gastaron xa 28.000 euros, a metade aportados pola Xunta de Galicia. A voceira da agrupación, Olga Louzao, visitou esta mañá as instalacións municipais xunto ao edil, Jesús Expósito, e consideraron a pranta baixa da Praza nun estado “lamentable” e con “múltiples deficiencias” como goteiras e filtracións de auga.

Louzao afirmou que os traballos realizados consistiron nun compendio de “chapuzas varias” que van dende cables eléctricos á vista, a grandes parches de cemento no chan. Asemade, C’s Lugo critica que os aseos continúen sen reformar, onde os rexistros non teñen tapa.

Por eso, Cidadáns Cs pide á alcaldesa, Lara Méndez, que “comprobe in situ o resultado dos traballos, tal como fixo Cidadáns, antes de pagar as obras”. “Calquera persoa que reforma a súa casa antes de pagar comproba como quedou”, xustifica Olga Louzao, que pide tamén “que antes de poñerse coa cuberta fantasma da rúa Quiroga Ballesteros acabe as obras da Praza de Abastos”.

Finalmente, Cidadáns, revelou tamén que a páxina web da Praza, www.mercadodelugo.es, pensada para a venda por internet, non está operativa e denuncia que foi impulsada polo Concello e pagado con fondos Urban europeos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com