Cidadáns denuncia que as zonas verdes da cidade están descoidadas

O grupo municipal de Cidadáns denuncia o descuído das zonas verdes da cidade, como o Parque dos Paxariños, que para a voceira local, Olga Louzao, atópase “abandoado a súa sorte”.

“Lugo é unha cidade rodeada de zonas verdes, pero a pasividade do Goberno Local converte a nosa gran riqueza natural nun defecto enorme, debido a que estes espazos non están coidados, proxectando una imaxe vergoñenta de moitos destes espazos públicos”, crítica Louzao.

Unha das zonas de Lugo onde máis evidente é a falta de mantemento dos espazos verdes é no Parque dos Paxariños. Este parque presenta unha gran falta de mantemento ao ter árbores secas, moita maleza sen rozar e lixo esparexido e sen limpar. É un lugar onde se fan botellóns e onde o pasado día de San Xoán foi mesmo queimado un castiñeiro de gran tamaño, que estaba seco e foi usado como fogueira. Ademáis xa non é unha zona de disfrute para toda a familia xa que leva meses sen o parque infantil, que foi desmontado como consecuencia de actos vandálicos e non foi reposto.

“Fai uns meses levaron o parque infantil para reparalo, pero non deron ningunha alternativa e de momento seguen sen colocar outro, canto tempo van ter que seguir esperando os lugueses e luguesas para disfrutar dos seus parques agora que ven o bo tempo?”, pregunta a voceira de Cidadáns, que convida á alcaldesa, “a facer unha visita á zona acompañada do séquito habitual que a acompaña nas últimas semanas”.

O Parque dos Paxariños foi creado a raíz dun acordo de cesión de terreos ao Concello por parte de diversos propietarios. No ano 2006, a través dun taller de emprego concedido pola Xunta de Galicia, acondicionouse unha parte, a máis próxima ao instituto Sanxillao. Construíronse muros de contención e configurouse en bancais unha parte desta vagoada que baixa desnde a Ronda das Fontiñas até o río Rato. “Desde entón non se volveu actuar no parque e o mantemento é moi deficiente, así que aínda que esas obras de mellora se fixeron fai só 10 anos semella que pasaron 30 polo estado no que se atopa a zona en vez de 10”, crítica Louzao.

Parte da culpa do mal estado deste parque, e de moitos outros na cidade de Lugo, e que o Goberno Local segue sen ter os contratos de mantemento de xardíns ao día“Desde marzo do ano pasado estamos sen servizos de mantemento dos xardíns, e unha vez máis, esta falta de previsión do Goberno estana pagando os veciños da cidade, que teñen que ver como día a día as zonas verdes xa non son de disfrute, senon de vergoña, malia que se paga á empresa encargada do mantemento 800.000 euros ao ano”, explica a voceira de Ciudadanos no Concello

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com