Cidadáns denuncia que o departamento de cultura perdeu a reclamación dun usuario da pista de xeo

Cidadáns ven de emitir un comunicado sobre unha reclamación feita por unha persoa que sufriu un accidente na pista de xeo instalada durante o Nadal, na praza Horta do Seminario, no que este usuario presentou unha reclamación diante do Concello. Segundo Cidadáns  “O pasado día 13 de xaneiro, produciuse unha reclamación relativa a un accidente ocorrido na pista de xeo que estivo instalada en decembro e xaneiro na Praza Horta do Seminario. Así figura no expediente ao que tivemos acceso o pasado día 22 de xaneiro e así aparece no relato cronolóxico que fixemos no seu momento”.

“Con todo, esta reclamación non aparece reflectida nas listaxes de queixas de xaneiro ou febreiro, este último revisado na Comisión de Suxestións e Reclamacións de onte xoves, 18 de febreiro. Ante esta “ausencia, non se ofreceu tampouco explicación algunha nin achega do paradoiro da propia reclamación que paradoxalmente si figura no expediente ao que tivemos acceso-, nin moito menos, consecuentemente, acerca de calquera medida potencial ou resolución que ter adoptado o Concello en relación a ela”.

A formación política continúa no seu comunicado aseverando que “Ante esta situación, e tras poñernos en contacto coa persoa que presentou a reclamación, puidemos confirmar que esta foi presentada directamente no Departamento de Cultura deste Concello, onde foi recibida sen ofrecer copia ou xustificante algún a cambio e sen que se lle informase de que dita reclamación débese presentar en ningún outro sitio ou de ningunha outra forma”.

“Queremos manifestar a nosa dobre preocupación neste asunto: por unha banda, ao “perderse esta reclamación “que parece desapareceu en compañía de tantas outras, como xa puxeron de manifesto outros grupos-, o Concello non pode tomar medida algunha respecto diso; doutra banda, esta é unha irregularidade máis que se suma ás moitas que infestaron todo o proceso de instalación da pista de xeo. Esperemos que sexa a última, pero moito nos tememos  que un escrutinio máis detallado do procedemento poña de relevo algún outro esvarón  de Carmen Basadre”, rematan.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com