Cidadáns pide que os buses anti-acoso duren todo o ano

O Grupo Municipal de Cidadáns agradeceu ao Goberno Municipal que leve a cabo a súa idea das paradas anti-agresión durante as festas do San Froilán, pero considera “que este servizo poderíase levar a cabo todo o ano, xa que a seguridade dos cidadáns debería ser o primordial para este Goberno”, considera Olga Louzao, a voceira da agrupación.

A pesar de iso, Louzao opina que “é unha boa noticia que ao Partido Socialista gustáralle esta iniciativa de Ciudadanos, hasta parece que foi proposta súa por todo o eco que está tendo na prensa”.

As paradas anti-agresións é un sistema que se está a levar a cabo en moitas cidades como Vigo ou Bilbao, onde as mulleres -dentro da ruta do autobús- solicitan onde subirse ou baixar, aínda que esta non sexa unha parada fixa, para así evitar agresión machistas.

“Aínda que na maioría de cidades este servizo solo é para mulleres, cando desde o Grupo Municipal de Ciudadanos propuxemos este servizo quixemos ir máis aló para que todos os usuarios o podan utilizar no caso de necesitalo”, considera Louzao.

Mentres tanto, o Goberno Municipal solo quere instaurar este servizo durante as festas patronais, cando Ci´dadáns solicitou que se puideran realizar todo o ano, “posto que no inverno, por exemplo, faise noite cerrada a media tarde”, afirma a voceira.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com