Cidadáns propón a renovación dos membros do Tribunal Económico-Administrativo do Concello de Lugo

A voceira de Cidadáns no concello Olga Louzao, presentou un escrito no concello para instar a institución a facer unha renovación do Tribunal Económico-Administrativo.

O escrito remitido por Cidadáns solicita “En cumprimento do disposto na Ley 57/2003, de 16 de decembro, de medidas para a modernización do Goberno local, o Concello de Lugo creou un órgano especializado para a resolución das reclamacións sobre actos tributarios de competencia local denominado Tribunal Económico-Administrativo do Concello de Lugo.

O funcionamento deste órgano está recollido no seu Regulamento Orgánico, aprobado con carácter definitivo no Pleno do 1-9-2008. O nomeamento dos seus membros efectuouse no Pleno Extraordinario celebrado o día 23-12-2008.

Segundo se establece no Regulamento, o órgano competente para a designación dos membros do Tribunal Económico-Administrativo do Concello de Lugo é o Pleno, previa proposta da Xunta de Goberno Local ao respecto, sendo preciso o voto favorable da maioría legal dos membros do Pleno.

Transcorridos xa 8 anos desde o seu nomeamento cómpre a renovación deste órgano, competencia que recae nos grupos políticos que conforman a actual Corporación Municipal, entendendo recomendable, desde Cidadáns, que se fixe unha duración máxima ao mandato dos novos membros designados, tal como se recolle no propio Regulamento”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com