O concelleiro de Cs Lugo, Juan Vidal, propuxo esta maña dúas iniciativas “que teñen por obxectivo dinamizar a economía local e apoiar o comercio de Lugo”. Cs aposta por sacar o comercio ás rúas a través de campañas de rúa adaptada e crear microcréditos para pymes a custo cero. «Desde o noso Grupo municipal consideramos prioritario contribuír, na media das nosas posibilidades como administración local, a aportar liquidez ao noso tecido produtivo. Para iso propoñemos crear unha liña de microcréditos a interese cero. Esta iniciativa pretende cubrir necesidades financeiras inmediatas de empresas e autónomos do noso municipio en risco de peche por causa da crise do Covid-19», asegurou o edil da formación laranxa.
«A través da inxección económica necesaria para afrontar os gastos correntes correspondentes ao período máximo de dous meses pretendemos evitar o cese de actividade de autónomos e Pymes e, deste xeito, combater o desemprego e evitar a desaceleración da economía local», proseguiu Vidal quen considera insuficientes as medidas tomadas ata o momento polo Goberno local para reactivar a economía luguesa tralo estado de alarma.
Asemade Vidal considera necesario implantar medidas para reactivar o consumo local de forma paralela á posta en marcha de medidas de corte puramente económico como os microcréditos. «Do mesmo xeito, apostamos por levar a cabo varias campañas, mínimo unha por estación de aquí a final de ano, para dinamizar o comercial local a través de iniciativas de rúa adaptada. Apostamos por sacar os comercios á rúa en xornadas e horarios determinados» sinalou.
Xuñ 16, 2020 - 08:25 PM
Eso no se consigue sintonizando la ronda ,la gente quiere llegar al comercio en noche y esto no lo consigue.
Xuñ 16, 2020 - 03:08 PM
¡¡bo!!