Cidadáns revela que as obras da Xunta no Camiño Primitivo carecen de licenza

O Grupo municipal de Cidadáns denunciou esta mañá que as obras que está a acometer a Xunta de Galicia no Camiño Primitivo dentro do termo municipal de Lugo carecen “da preceptiva licenza municipal” e estanse realizando, polo tanto, “sen permiso do Concello”.

En concreto, o Goberno autonómico está neste momento realizando obras no tramo comprendido entre Bascuas e o Carqueixo, “actuando con maquinaria pesada sobre a ruta xacobea e botando grava compactada sobre o firme en distintas zonas do seu trazado”, segundo denuncia o grupo municipal de Cidadáns.

O concelleiro de Cidadáns Jesús Expósito revelou que a Policía Local cursou unha denuncia neste sentido que deberá agora resolver o Goberno municipal ditando unha resolución que podería paralizar a obra ou mesmo impoñerlle unha sanción ao Goberno autonómico. Expósito considera esta situación “un despropósito” e di que “as Administracións públicas deben dar exemplo e se a un particular se lle esixen unha serie de autorizacións para facer obras na súa propiedade, é inconcibible que a Xunta de Galicia non pida os permisos e actúe sen eles”.

As empresas de telecomunicacións tamén actúan sen licencia

Jesús Expósito tamén revelou que a maioría dos tendidos aéreos e cableados de telecomunicacións que se están realizando na cidade carecen dos permisos necesarios. “Recíbense moitas queixas dos veciños porque as empresas que realizan os tendidos grápanlles o cableado nas fachadas das súas vivendas sen autorización, incluso en zona PEPRI, onde están prohibidos os tendidos aéreos, e cortan as beirarrúas sen ningún tipo de permiso”, explicou o concelleiro de Cidadáns, que se queixou de que o Goberno local permita a estas empresas actuar na cidade “con total liberdade e impunidade”.

As denuncias realizadas quedan se efecto

Cidadáns explicou que “moitas das denuncias que efectúa a Policía Local quedan sen efecto porque en moitos casos non son executadas por parte do Goberno municipal, encargado de tramitalas e resolvelas e que fai deixación das súas funcións”, considera Jesús Expósito, aumentando deste xeito “o descrédito da Policía Local entre os cidadáns de Lugo, que pensan que a labor da Policía Local non serve para nada”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com