A cidade de Lugo dispón de dispositivos sonoros en 91 pasos de peóns

O Concello leva instalados dispositivos sonoros en 91 pasos de peóns, así o informou o Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez. Recentemente, a entidade local colocou uns novos dispositivos deste tipo no paso de peóns situado no cruce entre as rúas Anxo López Pérez e Bispo Aguirre.

Ademais, xa dispoñen dos mesmos, os cruces da Ronda da Muralla, Rúa San Roque, Praza Conde Fontán, Avenida da Coruña, Camiño Real, Rúa Tui, Rúa da Milagrosa, Avenida de Madrid e Glorieta Irmáns Pedrosa, entre outros. A maiores, xa se cursaron instruccións para modificar as lendas e mensaxes dos semáforos dado que se cambiou o rueiro.

Estas actuacións, nas que xa se levan invertido máis de 105.000 euros, lévanse a cabo a través do convenio entre o Concello, o IMSERSO e a Fundación ONCE, co que se realizan distintas tarefas de accesibilidade na cidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com