A CIG denuncia “trato discriminatorio” do Concello de Sarria ao persoal da residencia de maiores

A CIG denunciou esta tarde, mediante un comunicado dirixido aos medios, o atraso no pago das nóminas do mes de agosto ao persoal da Residencia de Maiores Nuestra Señora del Carmen de Sarria, nóminas que, segundo indica a confederación intersindical, o resto do persoal municipal xa cobrou.

“É preciso que dunha vez por todas a xestión administrativa ao respecto das nóminas do persoal da Residencia se faga conxuntamente ao do resto do perosal do Concello, pois teñen recoñecida xudicialmente a condición de persoal municipal”, explica a CIG na súa nota.  Asemade, o sindicato conta como tras máis de dous ano de lexislatura do actual goberno municipal, continúa o que tildaron de “desprezo cara ao persoal da Residencia” que xa tiña o anterior goberno municipal e critican que nesta lexislatura non avanzaran na corrección desta problemática.

A CIG afirma que ven “un trato desprezativo e discriminatorio cara ás traballadoras e traballadores do Concello, o cal se manifesta claramente cando a mediados do mes de agosto desde a CIG se solicitou unha reunión ao goberno municipal para abordar a equiparación salarial do persoal da Residencia co do resto do Concello e a día de hoxe non obtivemos ningunha resposta, o cal é indicativo da mala fé negociadora do Concello a este respecto”.

A Confederación Intersindical de Galicia lémbralle ademáis ao Concello de Sarria que existe unha sentenza xudicial que obriga ás partes a negociar dita equiparación salarial. “Esta problemática xa é de hai máis de 4 anos, e durante o goberno do PP foi imposible darlle solución. Ao inicio desta lexislatura desde o persoal da Residencia entendeuse que era razoable dar un tempo ao novo goberno para que poidera darlle solución a esta problemática, mais dous anos despois a realidade é que non se deu ningún paso. Entendemos que é imprescindible solventar a problemática deste persoal de forma imediata, e actuaremos con todos os nosos medios para que eso sexa así.”, sentenzan.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com