O sindicato CIG impugnará parte das funcións que se lle encomendan a Ana Sáez como nova directora xeral de Recusos Humanos no Concello de Lugo por entender que “invaden funcións propias das empregadas e empregados públicos”.
“Se se crearan dirección xerais en todas as áreas do Concello con estas funcións ampliadas, o traballo do persoal quedaría a mercede das ordes emanadas por persoas designadas polo Goberno local, limitándose a actuar como simples executoras das súas instruccións”, recolle a central sindical nun comunicado.
Con todo, a CIG salienta que non impugnarán a creación do posto, xa que malia non respaldaren a creación destas figuras, si están contempladas pola lei.