Concellos da Provincia que se adheriron ao convenio coa Xunta de Galiza para a : Participación na Prevención e Defensa contra Incendios Forestais durante os anos 2016, 2017 e 2018, están nestes intres na fase de contratación de persoal para conformar as brigadas municipais de SPDCIF.
Ante esta situación o sindicato CIG está demandando dos concellos que fagan a máxima publicidade de ditas convocatorias para que poidan concorrer todas as persoas interesadas en igualdade de condicións a ditos procesos. “Entendemos que dar máxima difusión a estes procesos é un principio básico de transparencia e democratización da administración local”.
Dende a CIG declaran que “sabemos que hai concellos que non estar a actuar coa transparencia precisa ao respecto e nos que os procesos de selección se xestionan a través dun absoluto obscurantismo”.
A CIG di que “estarán atentos ao desenvolvemento destes procesos de contratación e no caso de que observemos incumprimentos da normativa legal ao respecto dos mesmos, non dubidaremos en recorrir os mesmos por vía Xudicial”.