O ‘Cinema de Outono’ trae a Hitchcock á Sede Afundación de Lugo

Afundación continúa co ciclo de cinema ‘Cinema de outono’ na súa sede de Lugo (praza de Santa María, s/n) coa  proxección, mañá martes 28 de novembro, a partir das 20.00 h, do filme Hitchcock. A entrada é libre e gratuíta ata completar a capacidade.

Todos os filmes que conforman este ciclo viran en torno ao mundo das artes e están protagonizadas por referentes da fotografía, a música, o cinema, a escultura e a modaHitchcock (2012), de Sacha Gervasi, mostra o proceso de gravación da película Psicosis cando o director se atopaba na cima da súa carreira. Debido á aparente baixa calidade da produción, ningún estudio o apoia e decide financiala el mesmo.

As seguintes sesións programadas dentro deste ciclo na Sede Afundación de Lugo serán o 12 de decembro con Camille Claudel 1915 e pecharase o 19 de decembro con Across the universe.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com