O concelleiro de Cs no Concello de Lugo Juan Vidal-Pardo denunciou esta mañá o estado de saturación no que se atopa o Punto Limpo municipal situado no polígono industrial de O Ceao. “En determinadas áreas de depósito de residuos ,como na de electrodomésticos ou a de dispositivos electrónicos, o lixo acumúlase de forma sistemática sen que exista unha periocidad adecuada para a súa reciclaxe. A función do punto limpo non é só a de acumulación e depósito de residuos coma se fose un vertedoiro, senón que é necesario que exista unha vontade de continuar o proceso para que o ciclo de reciclaxe culmínese con éxito”, sinalou o edil da formación laranxa.
Desde o grupo municipal de Cs sosteñen que “reciclar é unha ferramenta fundamental a través da que as administracións locais poden contribuír a reducir a cantidade de dióxido de carbono que se libera na atmosfera, por iso Vidal-Pardo esixe maior implicación por parte do Goberno de Lara Méndez no compromiso medioambiental”. “Esiximos ao Goberno local que tome as medidas necesarias para completar o proceso de reciclaxe dos residuos depositado no punto limpo. Levamos anos de atraso nesta materia e non nos serve de escusa as virtudes dun novo contrato que por certo é pouco claro a respecto daa melloras introducidas no Punto Limpo. É vital actuar agora. É necesario evitar a acumulación de residuos a través da implantación dun programa de reutilización eficaz que é indispensable revisar coa concesionaria” sinalou Vidal-Pardo.