Ciudadanos denuncia que o concello de Lugo esté intervido pola Xunta e Facenda por incumprir a lexislación en materia económica

O Grupo municipal de Ciudadanos denuncia que a situación económica do Concello de Lugo empeora día a día debido ao que tilda como “nefasta xestión” da alcaldesa, Lara Méndez, e o seu equipo de Goberno.

A voceira de Ciudadanos, Olga Louzao detaca que “á acumulación de ducias de contratos caducados, ao pago constante de facturas con reparos de legalidade e ao incumprimento do prazo de pago a proveedores, súmase agora o incumprimento da regra de gasto no exercicio do 2016, o que terá importantes consecuencias”.

Louzao, explica que a regra de gasto é un instrumento de disciplina orzamentaria que trata de garantir a sustentabilidade das contas públicas de maneira que o crecemento do gasto das Administracións públicas veña limitado pola capacidade de financialo con ingresos estables e sostidos no tempo. De acordo con esta filosofía, a aplicación desta regra impide que o gasto público se incremente anualmente por encima da taxa de referencia de crecemento do PIB a medio prazo da economía española, sendo posible superala, unicamente, no caso de que ese exceso se compense con aumentos de ingresos de carácter permanente.

Segundo explicou esta mañá Olga, o Concello de Lugo incumpriu no pasado exercicio o límite de incremento de gasto, fixado polo Estado no 1,8% para 2016, o que en parte se debe, segundo o informe do propio interventor, á tramitación de expedientes administrativos de recoñecementos extraxudiciais de crédito, “unha figura cuestionada que o Goberno de Lara Méndez emprega sistematicamente para pagar facturas polo atraso que acumula no pago debido á ineficaz xestión deste Goberno”, que a voceira de Ciudadanos considera “un desastre en todos os ámbitos e tamén no da economía”.

En consecuencia, o Concello de Lugo está obrigado a presentar no prazo máximo de dous meses un Plan Económico-Financeiro que permita reconducir a situación. Este Plan conterá, como mínimo, a información das causas do incrumprimento, as previsións de ingresos e gastos municipais e unha descrición con cuantificación e calendario de aplicación das medidas que se van adoptar, para que no prazo de dous anos o Concello logre cumprir de novo os obxectivos de estabilidade orzamentaria e a regra de gasto.

O Plan deberá ser aprobado polo Pleno e remitido á Xunta de Galicia e ao Ministerio de Facenda no prazo máximo dun mes. Por outro lado, a Comunidade Autónoma deberá dar o visto bo ao plan de reequilibrio presentado polo Concello antes de dous meses, e a súa posta en marcha por parte do Concello non poderá exceder os tres meses desde a constatación do incumprimento.

A voceira de Ciudadanos amosou tamén o seu “desconcerto” polo feito de que nin a alcaldesa, Lara Méndez, nin a súa concelleira de Economía, Ana Prieto, mostren “nin o máis mínimo xesto de preocupación ante a situación de descalabro e colapso absoluto” á que ao seu xuízo “están a levar a este Concello”. Louzao denunciou ademais que “a día de hoxe o Goberno non deu aínda instruccións para a elaboración do Plan Económico Financieiro malia que os prazos que fixa a lei para a súa aprobación son moi curtos” e criticou que “no canto de traballar para resolver este problema”, tanto a alcaldesa como Ana Prieto se dediquen a “pasear e facerse fotos en eventos de distinta índole”.

Por último, a voceira de Ciudadanos esixiu “seriedade” ao Goberno municipal denunciando que están a xestionar cartos que son de todos os lugueses e luguesas. Ademáis de alertar que “é un feito grave que a Xunta de Galicia e o Ministerio de Hacienda teñan que intervir nun Concello como o de Lugo para supervisar xestión económica deste Goberno.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com