Ciudadanos ‘inaugura’ ironicamente o novo auditorio e acusa e desafinar a Lara Méndez

A portavoz municipal de Ciudadanos e candidata á alcaldía de Lugo, Olga Louzao, continua coa súa campaña de “inauguracións simbólicas dos grandes logros de Lara Méndez neste mandato nesta ocasión fixoo cun concerto irónico de apertura do novo auditorio, que segue pechado despois de anos en obras”.

Con retranca, asegurou que “Lara Méndez leva catro anos desafinando na alcaldía mentres Balseiro fai ruído na delegación da Xunta” e dixo que “a cidade de Lugo precisa unha nova melodía na alcaldía a partir do día 26 de maio que poña ritmo no Goberno municipal”.

Denunciou tamén que “entre Lara Méndez e Balseiro vanlle facer pagar a todos os lucenses unha derrama de 3,7 millóns de euros para rematar o novo auditorio cando o equipamento era algo que tiña que pagar a Xunta”.

A representante de de Ciudadanos acusou:  “Lara Méndez é unha pésima negociadora cando de defende os intereses da cidade se trata. Asinou un convenio coa Xunta que fai pagar aos lucenses a totalidade do custo de equipar o auditorio e aínda por riba regálalle á Xunta 1,2 millóns de euros de propina”. E engadiu “e por riba o convenio asinado non contou co visto e prace dos técnicos”.

Novas relacionadas

  1. José Manuel González Díaz
    Mai 12, 2019 - 09:30 PM

    Gilipolleces ciudadanas.

    Reply
  2. Cabado Garcia Cabado
    Mai 12, 2019 - 09:04 PM

    Pero o de levar gaiteiros…non seria mellor la guitarra y castañuela se a lingua non lles gusta supoño que a musica tampouco…hablamos español…

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com