Ciudadanos Lugo vén de anunciar a súa aposta de forma clara e contundente “por garantir o futuro do sector lácteo galego para que definitivamente se convértase nun piar fundamental da nosa economía, que xere a riqueza e o valor engadido necesarios para o benestar e a dignidade dos produtores e as súas familias”, sinalou a portavoz da formación, Olga Louzao.
“Queremos sumarnos ademais, á vontade de crear a Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo Galego, para que se converta no punto de encontro de toda a sociedade e o foro de debate que permita dar resposta definitiva aos enormes retos aos que nos enfrontamos”, concluíu.