Olga Louzao lamentou o cambio de opinión do BNG logo de criticar o ano pasado dita subvención por tratarse dunha entidade privada.
A voceira municipal de Ciudadanos en Lugo, Olga Louzao, presentou esta mañá una batería de preguntas acerca da edición deste ano do Caudal Fest, quen lamentou que “a edil Maite Ferreiro, quen criticou o ano pasado que se destinasen cartos a una entidade privada, nesta ocasión, como responsable de Cultura, acepte a premisa do PSOE sen máis“.
Na edición de 2018, o Concello “concedeu una subvención por valor de 217.800 euros mais á hora de aboar a mesma á empresa organizadora, o equipo de goberno propuxo o pago de 144.195,61 euros. Esta rebaixa ven marcada por deficiencias detectadas no expediente por parte da empresa segundo consta nun informe do servizo de intervención. Por este motivo, Olga Louzao preguntou ao goberno cal foi o motivo para finalmente aboar unha cantidade moito inferior na edición do 2018 e aumentar a cantidade deste ano a 257.000 euros máis IVE. que o convirten en algo máis de 310.000”.
Os concelleiros de Ciudadanos, Olga Louzao e Juan Vidal-Pardo, preguntaron ao goberno cal foi o motivo para pasar dunha subvención a un contrato de patrocinio. Así mesmo, Olga Louzao, preguntou que servizos prestará o Concello a maiores co fin de saber cal é o custo total para as arcas municipais do Caudal Fest. “Apoiar as iniciativas culturais e de lecer que se poidan desenvolver na nosa cidade, non pode significar non ser rigoroso e esixentes cos procedementos e co destino dos recursos públicos”, afirma a voceira de Ciudadanos Lugo.
“Hai un ano o BNG criticaba que cartos públicos fosen destinados a axudar a empresas privadas, agora no goberno nin unha palabra” afirmou Olga Louzao quen viu con bos ollos calquera investimento para ampliar a oferta cultural para os nosos veciños e veciñas e para incrementar o número de visitantes á nosa cidade.