Clausura dun curso sobre atención a persoas enfermas de alzhéimer en Mondoñedo

O conselleiro de Política Social José Manuel Rey, xunto coa Alcaldesa, Elena Candia, a Delegada da Xunta, Raquel Arias e outras autoridades asistiron no Centro de Servizos Comunitarios de Mondoñedo á entrega a unha trintena de persoas doutros tantos diplomas que acreditan a súa participación no programa “Xuntos nos Coidados”,  impulsado pola Dirección Xeral de Maiores e Discapacidade da Xunta de Galicia, baixo o que se están a desenvolver un total de 16 cursos noutros tantos concellos con arredor de 400 alumnos e alumnas

O titular de Política Social apuntou a necesidade de “facer máis fincapé na sensibilización, información e formación co obxectivo de coñecer mellor a enfermidade e, sobre todo, a forma máis axeitada de abordar os seus coidados”

Rey Varela resaltou que, entre as liñas estratéxicas da Consellería para o vindeiro ano, está o aumento do número de prazas de atención diúrna e residencial para persoas diagnosticadas de alzhéimer e outras demencias.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com